viernes, 8 de diciembre de 2006


Da fantasía (en Re Menor):


Refuxio do lento fluír do cotián, como un colo xeneroso e morno onde agochar o vivir interno, ese que non se amosa ao exterior, por medo a ser ferida.
Reflexo parcial, sesgado e ás veces inquedante do real (ou do que chamamos real), axuda para entender a súa complexidade e descubrir fíos comúns subxacentes, por riba dos habituais prexuízos. Visión caleidoscópica e miscelánea para relexionar.
Reminiscencia da imaxinación, que por si soa pode explicar o mundo, no principio dun tempo primitivo; imaxes sen forma, feitas entidade pola nosa mente ávida de maxia, dunha maxia límpida e omnipotente, que pode ser cuestionada e dubidada, aínda que o científico está fóra de lugar neste marco.
Relaxación dos límites, dos pesados corsés das normas autoimpostas e mesmo da lóxica; liberdade do ser para explorar novas vías, libre das especulacións alleas, de convencións e esixencias restritivas.
Reconstrución dos nosos pequenos Universos propios, coñecidos ou incluso ignorados, pero que precisan ser expresados para conter a súa forza, dándoles existencia por medio da Palabra. Rebulir insomne, placenteiro ou obsesivo, de ideas inexpresadas, fieis compañeiras do noso divagar, que xorden,se amorean, organizan e destrúen nun ciclo eterno.
Regreso individual e propio, descubrimento do anel no fondo do río que agocha unha recolección de recordos resoantes, recompensa da resistencia dos recónditos recunchos resplandecentes, do regreso da réplica da rede da Rebeldía.

No hay comentarios: